Camiñamos contigo cara á recuperación

"Máis que fisioterapia, calidade de vida"

Abrimos o centro de fisioterapia Abrente en Ordes no ano 2004 da man DE
Rebeca, fisioterapeuta con ampla formación e experiencia profesional para dar servizo ás
xentes desta vila coruñesa.
O noso obxectivo no centro é mellorar a calidade de vida dos nosos pacientes. Facemos
todo o posible para unha pronta recuperación e para solventar os seus problemas. Buscamos
sempre o máximo benestar das xentes.
Contamos cunha sala de actividades para grupos de clientes e catro cabinas onde ofrecemos os nosos tratamentos.
Número de rexistro sanitario: C-15-001700.

Filosofía e Valores

O Centro de Fisioterapia Abrente está guiado por unha filosofía centrada no benestar integral dos seus pacientes. A súa misión é proporcionar tratamentos efectivos e personalizados que non só alivien a dor, senón que melloren a funcionalidade e a calidade de vida. A aposta pola excelencia, a innovación continua e a atención humanizada son os piares que sustentan a súa práctica diaria.

20+

Avalannos máis de 20 anos de experiencia.

3.000+

Pacientes atendidos

99%

99%  de satisfacción nos nosos pacientes.

Razóns para escoller o centro de fisioterapia Abrente de Ordes

Equipo Profesional

A dedicación e profesionalidade do equipo garanten unha atención de calidade e personalizada.

Enfoque Personalizado

Unha das características distintivas do centro é o seu enfoque individualizado.
Cada paciente recibe un plan de tratamento específico, adaptado ás súas necesidades e obxectivos particulares.

Instalacions e Equipamiento

Instalacións e equipamentos modernos e de última xeración, deseñados para proporcionar un ambiente seguro e eficaz para a rehabilitación.

Servizos Ofrecidos

Fisioterapia traumatolóxica, deportiva, xeriátrica, fisioterapia reumatolóxica, respiratoria, pediátrica, neurolóxica e de corrección postural, punción seca e osteopetía.

O noso equipo

O Centro de Fisioterapia Abrente de Ordes conta cun equipo de profesionais altamente cualificados, dedicados a brindar unha atención especializada e personalizada a cada un dos seus pacientes.

O seu principal obxectivo é axudar ás persoas a recuperar e mellorar o seu benestar físico mediante terapias baseadas na evidencia científica, cun enfoque humano e próximo.

O equipo está formado por fisioterapeutas cunha sólida formación académica e experiencia en diversas áreas da rehabilitación.

Rebeca Rivera Caamaño

DIPLOMADA EN FISIOTERAPIA COLEGIADA Nº 178

Paula Teodoro García

DIPLOMADA EN FISIOTERAPIA COLEGIADA Nº 2626

Que opinan os pacientes

Valoramos a opinión dos nosos pacientes para mellorar día a día e facer que a súa experiencia con Abrente Ordes sexa extraordinaria.
“Trato do máis agradable, gran amabilidade, máxima proximidade, total accesibilidade e absoluta profesionalidade. 100% recomendado.’’
Xorxe ATX
“Rematada a terceira etapa do Camiño de Santiago, tiña unha tensión na pantorrilla que pensaba que tiña algo roto!!! A sobrecarga muscular recuperouse por completo e estou preparado para a seguinte etapa de mañá. Rebeca un anxo!!!’’
Carla Santos
“Cliente durante 2 anos e non cambiaría de centro de fisioterapia. Mención especial a Paula, a osteópata, unha gran profesional. Moi bo ambiente.’’
Vanessa Fraga