SERVIZOS

" O teu benestar en mans expertas"
O Centro de Fisioterapia Abrente de Ordes, consolidouse como unha institución de referencia no ámbito da fisioterapia e rehabilitación. Cun forte compromiso coa saúde e o benestar dos seus pacientes, este centro ofrece unha ampla gama de servizos especializados que cobren diversas necesidades terapéuticas.

Servizos de fisioterapia + servizo a domicilio

Ofrecemos unha ampla gama de servizos especializados, pensados para atender diversas necesidades terapéuticas e mellorar a calidade de vida dos nosos pacientes.

Fisioterapia Deportiva

A fisioterapia deportiva é unha rama especializada da fisioterapia que se centra na prevención, diagnóstico, tratamento e rehabilitación de lesións relacionadas coa práctica deportiva.

Fisioterapia Traumatolóxica

Este tipo de fisioterapia abrangue unha gran variedade de condicións que poden incluír fracturas, escordaduras, luxacións, contusións, lesións dos tecidos brandos (como ligamentos, tendóns e músculos) e problemas post-cirúrxicos.

Fisioterapia xeriátrica

O obxectivo é mellorar e manter a funcionalidade e a calidade de vida das persoas maiores, abordando as distintas condicións físicas e enfermidades que adoitan producirse co envellecemento.

Fisioterapia reumatolóxica
Céntrase no tratamento das enfermidades reumáticas, que afectan ás articulacións, músculos e tecidos conxuntivos. Inclúen afeccións como a artrite reumatoide, a osteoartrite entre outras.
Fisioterapia neurolóxica
Céntrase na avaliación, tratamento e rehabilitación de persoas con trastornos do sistema nervioso, condicións que poden afectar a mobilidade, coordinación, forza muscular …
Fisioterapia de corrección de postura
Avalia, trata e educa aos pacientes sobre a importancia de manter unha boa postura para previr e tratar problemas musculoesqueléticos.
Servizo a domicilio

Especialmente útil para as persoas que teñen dificultades para acceder o centro de fisioterapia, xa sexa por problemas de mobilidade, falta de transporte ou porque se atopan en fases avanzadas de recuperación.

Beneficios principais
Indicacións
Este tratamento está especialmente indicado para:

Novo servizo de Tecarterapia

No noso centro incorporamos un novo servizo de Tecarterapia mediante a tecnoloxía da marca Humantecar, unha ferramenta avanzada empregada en fisioterapia para acelerar a recuperación e mellorar o benestar dos nosos pacientes.

A tecarterapia é unha técnica non invasiva que estimula os procesos naturais de reparación do organismo mediante a aplicación da estimulación electromagnética, promovendo o aumento da circulación sanguínea, a redución da dor e a rexeneración dos tecidos.

Tecarterapia con tecnología Humantecar
A Terapia Tecar Original é unha técnica terapéutica indicada principalmente para o tratamento de enfermidades inflamatorias, xa que actúa estimulando o metabolismo e a circulación tisular. As reaccións inducidas por Tecar Original Therapy son especialmente útiles tanto para o tratamento rápido de enfermidades inflamatorias agudas e crónicas como para a súa prevención. Esta terapia úsase para unha gran variedade de condicións, incluíndo: dor e inflamación xeneralizada, edema e derrame, trastornos flebolinfáticos, recuperación muscular, tratamento precoz de afeccións deportivas agudas e crónicas, dor e disfunción do chan pélvico, rehabilitación de condicións en persoas maiores, especialmente para restaurar o ton, a forza e o equilibrio nas extremidades inferiores e a recuperación do estrés. Original Tecar Therapy é un tratamento valioso e eficaz para un gran número de condicións e pódese combinar con outras modalidades terapéuticas para mellorar a súa eficacia.
Coa incorporación desta tecnoloxía seguimos apostando por ofrecer tratamentos innovadores e eficaces, adaptados ás necesidades de cada paciente e orientados a conseguir unha recuperación máis rápida e cómoda.

Prezos dos servizos

"Movemos a túa vida, recuperamos o teu benestar."
Valoración Fisioterapia / Osteopatía

“Primeira consulta”

50 €

Prezo  diario para cada valoración de fisioterapia, válido para calquera das especialidades.

Sesión Fisioterapia / Osteopatía

40 €

Prezo  diario de cada sesión de fisioterapia, válido para calquera das especialidades.

Sesión Presoterapia


25 €

Prezo  diario de cada sesión de presoterapia.

Bono 5 sesiones Fisioterapia


190 €

Prezo do bono para 5 sesions de fisioterapia, válido para calquera das especialidades.

Bono 10 sesiones Fisioterapia


360 €

Prezo do bono para 10 sesions de fisioterapia, válido para calquera das especialidades.